Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia
SPIP | esqueleto | | Mapa do web | Seguir a vida do web RSS 2.0

Novo número da nosa edición impresa


Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á presenza na Rede de Luísa Villalta, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. Tamén abordamos os seguintes temas:
– A Deputación da Coruña acada o aprobado en materia de ciberseguridade (ENS)
– O CITIC celebrou o Día da Ciencia na Rúa apostando firme polas tecnoloxías inclusivas

[ler máis]

A Oficina de Software Libre de Ames organiza un obradoiro avanzado de LibreOffice


A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL), coa colaboración da Concellaría de Benestar Social do Concello de Ames, organiza un obradoiro avanzado de LibreOffice. Esta actividade desenvolverase o sábado 11 de maio en horario de 11:00 a 13:00 horas. Será impartida por persoal da Oficina de Software Libre de Ames dentro das súas actividades de divulgación das novas tecnoloxías en Software Libre. A inscrición pódese realizar xa en liña.

[ler máis]

Santiago incorpora o programa de apoderamento tecnolóxico FemCoders ao seu plan de emprego

María Rozas, Xavier Ferreiro e Rebeca Rodríguez na presentación do programa
Un cento de mulleres desempregadas están a recibir formación e asesoramento no marco do Programa Integrado de Emprego que desenvolve o Concello de Santiago, a través da concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude. A súa responsábel, María Rozas, deu conta das actividades, que se desenvolven ata o mes de novembro. Entre elas destaca a acción FemCoders, unha actividade innovadora dirixida a reducir a fenda dixital de xénero no sector tecnolóxico.

[ler máis]

Unha máquina recreativa de madeira destaca nos premios Galiciencia 2024


Galiciencia, a meirande feira científica que se celebra na nosa comunidade, promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), clausurou esta mañá a súa 19ª edición, baixo o lema Mellor, de Madeira. A súa finalidade é espertar as vocacións científicas entre o alumnado de Primaria, Secundaria, Educación Especial, FP e Bacharelato. Desenvólvese en colaboración coa Consellería de Economía e Industria e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.

[ler máis]

A UDC colabora coa divulgación científica de Pint of Science


A novena edición do festival internacional de divulgación científica Pint of Science, que terá lugar os días 13,14 e 15 de maio, contará cun total de 850 charlas en 67 localidades de España, na que supón a edición máis ambiciosa da historia do evento no noso país. Durante os tres días de duración da cita, os bares das nosas cidades convértense en improvisados laboratorios desde onde os investigadores máis punteiros compartirán os últimos avances da ciencia en España.

[ler máis]

RTVE empregará a IA para dar información electoral dos concellos cataláns máis cativos


Dende RTVE van aproveitar os comicios electorais cataláns para continuar a desenvolver unha proba de concepto, RTVEIA, na que colaboran as empresas tecnolóxicas Narrativa e AWS, a ONCE e as universidades públicas de Castela A Mancha e Lleida para xerar contidos informativos de xeito automático grazas á intelixencia artificial, de xeito que poboacións catalás de menos de 10.000 habitantes poderán gozar de información sobre os resultados nas súas localidades, que antes non se cubrían.

[ler máis]

Samsung espalla as funcións de IA a móbiles de hai 2 anos


Cando Samsung lanzou os seus novos Galaxy S24 estreou numerosas funcións de intelixencia artificial que abrían novas posibilidades aos usuarios como a tradución de texto e voz en tempo real ou un método moi áxil para a realización de buscas visuais a través de Google. Deste xeito a IA servía de reclamo para a compra dos novos produtos de Samsung, pero pouco despois deste lanzamento decidiron ampliar a dispoñibilidade das funcións de IA a dispositivos móbiles de gama alta de 2023, e agora están a anunciar que a actualización de One UI 6.1 levará as funcións de IA a produtos de 2022.

[ler máis]

A galega Innogando gana o certame Venture on the Road en Vigo


A firma galega Innogando proclamouse vencedora na sexta parada de Venture on the Road en Galicia. O acto tivo lugar este xoves 9 de maio na cidade de Vigo, última parada do evento itinerante desta sétima edición organizado por BStartup de Banco Sabadell, SeedRocket e Wayra, a firma de corporate venture capital de Telefónica, aos que se suma como colaborador Google for Startups.

[ler máis]

MD Boutique amosou a tecnoloxía aplicada á moda


Mentres agardamos á chegada da XXII edición de Mundos Digitales a primeiros de xullo, a organización do evento organizou nas instalacións coruñesas de Inusual un novo evento para amosar novas experiencias combinando moda e innovación tecnolóxica, Mundos Digitales Boutique, sobre o que conversamos con Alba Meijide, directora de proxectos de IA de ILUX Visual Technologies.

[ler máis]

A Deputación de Pontevedra impulsa un asistente conversacional intelixente na web de Turismo Rías Baixas


A xunta de goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar o expediente para contratar a posta en marcha dunha plataforma semántica e asistente conversacional por valor de preto de 220.000 euros.

[ler máis]

Cee xa supera os 5.500 fogares e empresas con fibra óptica de R


O concello coruñés de Cee xa dispón de cobertura da fibra óptica ata o fogar (FTTH) subministrada pola operadora galega R (en colaboración con Rede Aberta) en máis de 5.500 fogares e empresas. No seu balance, a empresa de telecomunicacións lembra que a cifra de inmóbeis conectados á rede de R incrementouse recentemente en Cee (e en máis dun cento de municipios do territorio) grazas ao acordo do operador co grosista tamén galego de fibra óptica Rede Aberta.

[ler máis]

As Neves reflicte unha mocidade hiperconectada en pantalla grande


Dende hoxe temos nas salas de cine galegas As Neves, filme de Cósmica Producións que amosa o contraste entre a hiperconexión e o illamento que viven uns mozos nunha vila galega. Para saber máis da ópera prima de Sonia Méndez como directora, conversamos con ela uns minutos.

[ler máis]

O Ministerio recibe máis de 100 candidaturas para a Dirección Xeral da AESIA, con sede na Coruña

O Edificio da Terraza na Coruña, sede da AESIA
O Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, pechou o proceso de presentación de candidaturas para ocupar a Dirección Xeral da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (AESIA), que terá a súa sede na Coruña, no Edificio da Terraza. A convocatoria, lanzada o pasado 8 de abril, buscaba atopar ao perfil idóneo para liderar esta institución pioneira en Europa.

[ler máis]

Xbox estreará tenda de xogos para móbiles no verán


Nunha entrevista dentro do Bloomberg Technology Summit, a presidenta de Xbox, Sarah Bond, recoñeceu publicamente que Microsoft lanzará a súa propia tenda de xogos móbiles no mes de xullo como alternativa ás tendas de aplicacións de Google e Apple.

[ler máis]

As 14 startups de ViaGalicia VII presentan os seus proxectos ante investidores internacionais


As 14 startups da 7.ª edición de ViaGalicia presentaron este 9 de maio os seus innovadores proxectos e defendido a súa viabilidade e proxección de futuro ante un recoñecido panel de investidores, fondos de investimento e potenciais socios industriais nacionais e internacionais, no Investor´s Day celebrado esta tarde na sede do Consorcio da Zona Franca de Vigo.

[ler máis]

Miguel Corgos lembra que Galicia contará en breve cunha lei que regule a IA


O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, participou hoxe no II Foro Empresa e Inteligencia Artificial de A Coruña: La IA es una oportunidad, no un peligro, onde recoñeceu que é preciso ser conscientes dos riscos da intelixencia artificial se se aplica sen ningún tipo de control, polo que é prioritario establecer unhas regras básicas que garantan o respecto aos dereitos das persoas.

[ler máis]

Apple vese obrigada a pedir perdón polo anuncio do novo iPad Pro


Estamos afeitos a ver como Apple é unha compañía que coida moito a súa imaxe e a súa comunicación, pero na presentación dos novos iPad Pro o pasado martes estreouse un anuncio que confirmou o perdidos que están na compañía da mazá coa sensibilidade actual no ámbito da creación, moi ameazado nos últimos meses pola emerxencia da IA xenerativa.

[ler máis]

Martina Aneiros salienta a formación e a colaboración como claves ante os ciberataques


A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta tarde na apertura da xornada Resgardando o futuro dixital das pemes de Ferrolterra: estratexias clave de ciberseguridade para o éxito empresarial, organizadas pola Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) Ferrolterra, onde destacou a capacidade de resposta da Administración autonómica nesta materia.

[ler máis]

Sonic Rumble quere levar aos móbiles a fórmula do éxito de Fall Guys


Sega vai lanzar no inverno o xogo Sonic Rumble para Android e iOS, aproveitando a figura do célebre ourizo azul para copiar descaradamente a proposta de Fall Guys, xogo que causou furor no verán de 2020 en PC e PlayStation 4.

[ler máis]

Entregados en Galiciencia os premios do desafío científico


A feira científico-xuvenil Galiciencia, que se está a desenvolver ata mañá venres no Parque Tecnolóxico de Galicia baixo o lema Mellor, de Madeira, celebrou este xoves 9 de maio a final do desafío científico Atrévete coa Madeira!, no que durante os últimos meses participou alumnado desde 4º de Primaria a Bacharelato de toda Galicia de xeito online. Sumáronse a esta aventura un total de 240 equipos, 647 rapaces e rapazas de 34 centros educativos diferentes.

[ler máis]


· Novo número da nosa edición impresa

· A Oficina de Software Libre de Ames organiza un obradoiro avanzado de LibreOffice

· Santiago incorpora o programa de apoderamento tecnolóxico FemCoders ao seu plan de emprego

· Unha máquina recreativa de madeira destaca nos premios Galiciencia 2024

· A UDC colabora coa divulgación científica de Pint of Science

· RTVE empregará a IA para dar información electoral dos concellos cataláns máis cativos

· Samsung espalla as funcións de IA a móbiles de hai 2 anos

· A galega Innogando gana o certame Venture on the Road en Vigo

· MD Boutique amosou a tecnoloxía aplicada á moda

· A Deputación de Pontevedra impulsa un asistente conversacional intelixente na web de Turismo Rías Baixas

· Cee xa supera os 5.500 fogares e empresas con fibra óptica de R

· As Neves reflicte unha mocidade hiperconectada en pantalla grande

· O Ministerio recibe máis de 100 candidaturas para a Dirección Xeral da AESIA, con sede na Coruña

· Xbox estreará tenda de xogos para móbiles no verán

· As 14 startups de ViaGalicia VII presentan os seus proxectos ante investidores internacionais

· Miguel Corgos lembra que Galicia contará en breve cunha lei que regule a IA

· Apple vese obrigada a pedir perdón polo anuncio do novo iPad Pro

· Martina Aneiros salienta a formación e a colaboración como claves ante os ciberataques

· Sonic Rumble quere levar aos móbiles a fórmula do éxito de Fall Guys

· Entregados en Galiciencia os premios do desafío científico

· A Aula CeMIT de Ribeira formará á cidadanía en eAdministración, xestión empresarial e ecommerce

· O Nokia 3210 volve ao mercado con conectividade 4G

· Samsung lidera o mercado de monitores OLED e gaming

· John Ternus podería suceder a Tim Cook á fronte de Apple

· Gradiant lidera un proxecto para impulsar un modelo integral de coidado de pacientes con feridas crónicas

· Disney+, Hulu e Max poderán contratarse xuntos nos EE.UU.

· A prensa estatal non usa a IA para producir noticias automatizadas, segundo VALCOMM (USC)

· UARX Space, galardoada nos Premios Emprende XXI

· Logitech adapta as súas fundas con teclado aos novos iPad

· Arrincou na Coruña o servizo de videochamadas da Axencia Tributaria para persoas do rural