YouTube inicia a apertura do seu servizo de vÃdeo en directo
venres, 8 de abril do 2011
Tras numerosas
probas de emisións en directo con tecnoloxÃa allea, YouTube anuncia que o seu
servizo que supera os 2.000 millóns de reproducións de vÃdeos gravados ao dÃa vai
dar o salto ás emisións en directo de concertos, eventos deportivos e
entrevistas, contidos cun calendario que pode consultarse na nova páxina de YouTube Live, espazo que
acollerá o novo servizo de streaming
en probas, que inicialmente presentará material de YouTube e dun grupo reducido
de partners (principalmente os que
non tivesen ningunha reclamación de copyright).
Un dos primeiros eventos que van poder seguirse en YouTube Live é o
DigiTour, xira organizada por YouTube que percorrerá durante 6 semanas 27
cidades norteamericanas para achegarse a artistas como Dave Days, The Gregory
Brothers, David Choi, DeStorm, MysteryGuitarMan e Ricky Ficarelli, que levarán
a súa música e enerxÃa ao escenario, para gozo de todos os que poderán seguilos
en directo a través da Rede. Tamén será posible adquirir entradas para ver algún
concerto desta xira en persoa.
YouTube leva un tempo probando a nova tecnoloxÃa de emisión en directo, e agora
os partners que accedan á súa
plataforma de probas poderán gozar non só da posibilidade de poder retransmitir
vÃdeo en directo a través da Internet, senón tamén a posibilidade de dar a
coñecer a súas retransmisións en liña entre os seus subscritores en YouTube.
Para garantir o bo funcionamento do novo servizo, a
aceptación de novos usuarios farase de xeito paulatino.
- Algúns partners de YouTube xa poden retransmitir vÃdeo en directo