Wozniak desbota o mito do garaxe no que comezou Apple

venres, 5 de decembro do 2014 Marcus Fernández

Dende a sección de tecnoloxía de Bloomberg Businessweek están a crear certo rebumbio no sector tecnolóxico por mor da publicación dunha entrevista ao co fundador de Apple, Steve Wozniak, na que fai un repaso dos primeiros temos da compañía da mazá e, especialmente, da creación do Apple I, equipo do que asegura que só venderon un cento de equipos, mentres que dos seu sucesor, o Apple II, chegarían a vender uns poucos centos o primeiro ano.
Wozniak asegura que mentres experimentaban eses primeiros pasos da súa compañía eran conscientes de que estaban a vivir unha revolución, pois estaban a mudar o concepto de ordenador para convertelo nun dispositivo persoal, que se achegaba a un público que non era experto en computación, grazas á incorporación de teclado e pantalla.
Pero as declaracións que deixaron de pedra a moitos son as relativas ao popular garaxe da casa de Steve Jobs no que naceu Apple, pois Wozniak asegura que “é en parte un mito” concretando que nese lugar nin facían deseños, nin prototipos, nin planificaran produtos e nin sequera fabricaran, senón que simplemente era un lugar que sentían como o seu fogar (matizando que cando non se teñen cartos é preciso saír do fogar para traballar). Desbótase así unha imaxe que figura no imaxinario colectivo, na que esaxérase a cultura de garaxe que marcou a toda unha xeración de emprendedores nos EE.UU.

PUBLICIDADE